bookmate game
es
Книжки
Han Kang

A vexetariana

  • Renato Tinajeroцитує8 місяців тому
    Jiwu medrará pronto. Aprenderá a ler e relacionarase con outras persoas. Algún día, a historia chegará aos seus oídos. Como lla vai explicar? Aínda que é sensible e enferma con facilidade, o neno está a medrar cun carácter moi alegre. Poderá seguir protexéndoo para que siga así?
  • Renato Tinajeroцитує8 місяців тому
    “Vivir é unha cousa estraña”, pensaba cando paraba de rir. Despois de pasar por calquera experiencia, incluso as máis terribles, a xente seguía comendo e bebendo, facía as súas necesidades, bañábase e seguía vivindo. E ás veces ata ría ás gargalladas.
  • Renato Tinajeroцитує8 місяців тому
    É posible que a dor e o insomnio que padece ela os sufrise hai moito tempo Yeonghye, en silencio, a moita máis velocidade ca os demais e chegando aínda máis lonxe? E que por iso, chegado un punto, soltara o delgado fío que a unía á vida diaria?
  • Renato Tinajeroцитує8 місяців тому
    Comprendeu que levaba moito tempo morta. Que a súa esgotadora vida non era máis ca teatro, unha ilusión. O rostro da morte, que se lle achegara, resultáballe tan familiar coma alguén do seu propio sangue que se perdese había moito tempo.
  • Renato Tinajeroцитує8 місяців тому
    De súpeto sentiuse sorprendida pola sensación de que nunca vivira. Era certo. Nunca vivira. Dende que tiña memoria, o único que fixera fora resistir. Considerábase unha persoa bondadosa que nunca lle fixera dano a ninguén. Era cumpridora, acadara un certo nivel de benestar, e así continuaría. Non tiña sentido que a asaltasen tales pensamentos. Pero ante aquelas construcións decrépitas e aquelas herbas non era máis ca unha nena que nunca vivira.
  • Renato Tinajeroцитує9 місяців тому
    Pensou que aquela muller, que aceptaba todo con serenidade, era un ser sagrado, nin ser humano nin animal, senón máis ben unha existencia estraña que estaba entre o vexetal, o animal e o humano.
  • Renato Tinajeroцитує9 місяців тому
    pero vela alí tombada sen resistencia, tendida coa mesma beleza efémera que cando estaba boca abaixo, foi unha imaxe tan intensa que lle saltaron as lágrimas. As delgadas clavículas; os peitos que, ao estar tombada, semellaban os dun rapaz; as costelas marcadas; as coxas abertas sen sensualidade, e o rostro apracible coma un deserto, que lle daba aspecto de estar durmindo malia ter os ollos abertos. Un corpo do que se retirara todo o superfluo. Nunca vira un corpo que puidese dicir tanto de si mesmo.
  • Genesis NUÑEZ APARICIOцитує2 роки тому
    Ata que a miña muller se volveu vexetariana, nunca lle vira nada de especial. A verdade é que o día que a coñecín nin me resultou atractiva. Nin alta nin baixa, co pelo nin moi longo nin moi curto, tiña a pel seca e amarelada, pómulos saíntes e ollos sen dobra na pálpebra1. Vestía de cores apagadas, coma se lle dese medo chamar a atención. Cuns zapatos negros de deseño moi simple, achegouse á mesa na que eu esperaba, dando pasos nin lentos nin rápidos, nin febles nin fortes.
fb2epub
Перетягніть файли сюди, не більш ніж 5 за один раз